Comeza a súa formación na Universidade de Santiago de Compostela, onde o seu interese polas artes visuais e o cinema lévaa a graduarse en Comunicación Audiovisual en 2017. Paralelamente, inicia os seus estudos teatrais na Escola de Artes Escénicas Pábulo, en 2015, onde descobre a súa paixón pola expresión corporal. En 2016 adéntrase no mundo do teatro de marionetas, colaborando en proxectos coa compañía Títeres Cachirulo. En 2018 continúa a súa formación no Institut do Teatre de Barcelona, no itinerario de interpretación física e visual, e gradúase en 2023 coa especialización en teatro físico.
Entre as súas disciplinas destacan a danza contemporánea, o teatro de obxectos, a acrobacia, o baile e canto tradicional, o teatro de texto e a rapsodia. Dende 2020 traballou con diversas compañías en Cataluña e Galicia. En 2022 funda Criatura Teatro xunto a Ismael Sempere.