Korvo Corvicio iluminaciónKorvo Corvicio iluminación

Iluminación

Korvo Corvicio

Korvo (Alejandro Grijó) naceu e criouse en Camporrapado (Boqueixón). Vivíu en Compostela, en Londres e en Culleredo.

Estudou o bacharelato de artes escénicas no IES Antón Fraguas en Santiago de Compostela no 2017 e o Ciclo Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña no 2021. Dende novo interesouse polo arte, pola música, a escritura, a fotografía, o son, a luz, as cores e a emoción e a psicoloxía humanas. Aprendeu a facer música co ordenador, gravar, editar, emitir e traballar en xeral con softwares de imaxe, iluminación ou video: Cubase, Pro Tools, Reaper, Logic, Chamsys Magicq, GrandMA2, OBS, Vmix, Davinci Resolve, Resolume, etc.

Tras facer o ciclo de son entrou a traballar con diferentes empresas de eventos galegas como Froq, Kachet, Auvitec, MMProducións, FdSons, CEGA, Contraproducións, etc. No 2024, comezou a traballar como deseñador de iluminación para compañías teatrais, tendo a súa primeira experiencia con Nauta. Actualmente é traballador autónomo en especialidades como técnico de son en eventos, son e iluminación en teatro, stagehand, RF, backliner e loxística de transporte e almacén.